Universidade de Vigo
Inicio > Aviso legal

Aviso Legal:

Púxose o máximo esforzo en que toda a información contida nesta web estea ao día e non conteña erros. Non obstante, dado que os servizos están en permanente actualización, sempre existe a posibilidade de mostrar informacións desfasadas ou erróneas. Os usuarios interesados nalgún servizo concreto, deberán confirmar co responsable a dispoñibilidade do devandito servizo.

 

Recorde:

Os contidos mostrados nesta web móstranse para efectos puramente informativos, polo que o usuario debe confirmar cos responsables do correspondente servizo a adecuación e dispoñibilidade do servizo ofertado coa súa necesidade concreta. E en ningún caso se debe entender o contido reflectido nesta web como un compromiso ou contrato vinculante por parte do CACTI como tal ou dun servizo en particular.

 

Aviso sobre o copyright:


Esta web foi elaborada con programas de software libre, non obstante, a información recollida neles pertence aos investigadores que a desenvolveron, polo que toda copia dos datos contidos nesta web requirirá dun permiso previo e por escrito, para respectar a autoría intelectual do seu traballo.