Difracción Raios X de Monocristal

 

Datos de contacto:

Berta Covelo

+34 986 81 26 69

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A 'Difracción de Raios X de Monocristal', comunmente coñecida como 'Cristalografía de Raios X', é unha técnica analítica na que se empregan os métodos de raios X para determinar con certeza a disposición real dos átomos dentro do cristal estudado e, polo tanto, a estrutura tridimensional iónica ou molecular así como a organización supramolecular. A ciencia da 'Cristalografía de Raios X' orixinouse en 1912 co descubrimento de Laue que os cristais difractan raios X. Desde entón, a difracción de raios X de monocristal converteuse na ferramenta máis eficaz para a obtención da distribución espacial dos átomos en estado sólido.


A determinación de estruturas por difracción de raios X pódese aplicar a unha ampla gama de sistemas, desde moléculas moi pequenas ou sales simples, ata minerais complexos, compostos sintéticos orgánicos, inorgánicos e organometálicos, produtos naturais e macromoléculas biolóxicas, como proteínas e ata virus. O coñecemento preciso da xeometría molecular estase convertendo cada vez máis importante en case todos os campos da investigación química e biolóxica xa que permite entender tanto as propiedades físicas, -cor, condutividade eléctrica, propiedades magnéticas-, químicas -reactividade, propiedades catalíticas- e/ou biolóxicas -propiedades farmacolóxicas- dos sistemas obxecto de estudo.


A Unidade de Difracción de Raios X de Monocristal está dotada co equipamento necesario para levar a cabo estudos estruturais de 'moléculas pequenas'. A cristalografía de 'molécula pequena' normalmente implica cristais con menos de 100 átomos na súa unidade asimétrica.

 

Web desarrollada por Linckia