Xenómica

 

Datos de contacto:

Ángel Sebastián Comesaña - Verónica Outeiriño Iglesias

+34 986818613

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A Unidade de Xenómica ten coma obxectivo dar servizo en diferentes metodoloxías experimentais para o estudo do DNA e RNA aos investigadores da Universidade de Vigo e de outros centros e institucións públicos e privados. A unidade de Xenómica ofrece aos investigadores diferentes técnicas de estudo do xenoma. Por un lado a Unidade ofrece a secuenciación de DNA e RNA, tanto polo método de Sanger coa posterior electroforese capilar no analizador xenético como a secuenciación masiva dos mesmos (NGS) empregando a tecnoloxía de semiconductores en chips de Ion Torrent. Para estas metodoloxías, nesta unidade realizase todo o proceso experimental (reacción de secuenciación e posterior purificación e análise, así como a preparación das librerías NGS e a súa secuenciación).

 

Por outro lado na unidade cóntase con equipamento para PCR en tempo real convencional e de PCR dixital (dPCR). Con este equipamento os investigadores poden facer cuantificacións absolutas e relativas (expresión xénica) de DNA e RNA e detectar variantes xénicas en moi baixa proporción (alelos raros). Tanto para os procesos internos coma para os usuarios externos, nesta unidade cóntase tamén con equipamento destinado ao control de cantidade e calidade do material xenético. Ademais de espectrofotómetro e fluorímetro, disponse dun bioanalizador que permite, mediante electroforese capilar en chip, o cálculo da integridade do RNA (RIN) e a cuantificación de librerías para NGS.

 

Na Unidade de Xenómica, ademais do traballo experimental anteriormente descrito, o persoal técnico tamén presta asesoramento aos investigadores e usuarios sobre a aplicación das devanditas técnicas instrumentais ós seus proxectos e liñas de investigación.

 

 

Web desarrollada por Linckia