Microscopía Confocal e de Fluorescencia

 

Datos de contacto:

986 81 21 25 - 986 81 21 10

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A técnica da Microscopía de Fluorescencia permite, gracias a un microscopio óptico que ten unha arquitectura específica, a detección de zonas determinadas da célula ás que se fixaron os trazadores fluorescentes que previamente engadimos ás mostras.


A Microscopía Confocal, usa tamén trazadores fluorescentes pero, a diferencia da Microscopía de Fluorescencia, só se recolle a emisión fluorescente do área enfocada, rexeitando as restantes e conseguíndose deste xeito un aumento da resolución.


Isto, unido ó feito de contar cunha luz láser incidente, capacita a este microscopio para a adquisición de centenares de sección ópticas confocais moi delgadas en diferentes planos da mostra, que poden ser almacenadas e combinadas para xerar dun xeito non destrutivo unha imaxe tridimensional. A vista da imaxe pode ser enteira ou de determinadas partes.


Pola súa parte, o feito de contar cunha cámara de incubación, permite o traballo en células vivas, coa posibilidade de recoller imaxes moi rápidas, tanto no modo Wide Field, como en modo confocal gracias o escáner de alta frecuencia.

 

Web desarrollada por Linckia