Microscopía electrónica de transmisión

 

Datos de contacto:

986 81 21 25 - 986 81 21 10

Área de Ciencias da Vida: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Área das Ciencias dos Materiais: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O Microscopio Electrónico de Transmisión emprega un feixe de electróns conducido a través dunha columna en baleiro, gracias a lentes electromagnéticas, hasta atravesar a mostra de interese. Neste proceso, o feixe será desviado en función da electrodensidade das distintas estruturas da mostra, dando orixe a unha imaxe que pode ser vista nunha pantalla fluorescente e recollida ben cunha cámara dixital ou por placas fotográficas.


No Servizo cóntanse con equipos de canón termoiónico e un con canón de electróns de emisión de campo, dotado cun módulo STEM, microanálise, detector de HAADF e criotransfer, que lle permite obter imaxes de alta resolución, microanálises con diámetro de sonda moi pequeno (nm.), mapeados de raios X con alta resolución espacial, así como estudiar mostras xeadas ou sensíbeis ao feixe de electróns.


En todos os casos, as mostras deben ter unha sección extremadamente fina (35-70 nm.).

 

Web desarrollada por Linckia