Microscopía electrónica de varrido

 

Datos de contacto:

986 81 21 25 - 986 81 21 10

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O Microscopio Electrónico de Varrido usa lentes electromagnéticas para conducir o feixe de electróns ate a mostra, varrendo a súa superficie e xerando diferentes interaccións, de cara a obter imaxes con contraste topográfico ou de composición.


No Servizo contamos con equipos de canón termoiónico e de emisión de campo, estes últimos permiten observar as mostras en condicións de baixo voltaxe sen perder resolución, incluso nalgúns casos, sen necesidade de recubrimento.


Accesorios como EDS, STEM e criotécnicas fan posible a realización de microanálise, detección de electróns transmitidos e visualización de mostras xeadas ou sensíbeis ao feixe.


As mostras cómpre que estean deshidratadas e sexan boas condutoras da electricidade, a excepción do equipo de varrido medioambiental.

 

Web desarrollada por Linckia