Ángulo de Contacto

 

Datos de contacto:

Carmen Serra Rodríguez - Tatiana Padín Gómez - Paula Barbazán Martín - Adriana Rodríguez Pintó

986 813 882 - Fax: 986 812 135

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A caracterización de superficies sólidas e líquidos xoga un papel importante na comprensión dos fenómenos de adhesión, humectabilidade, biocompatibilidade, lubricación de superficies sólidas e a absorción de líquidos. A medición do ángulo de contacto e a tensión superficial proporciona a información necesaria para a caracterización das interaccións de líquido / superficie sólida.


O ángulo de contacto é o ángulo formado por un líquido no punto de contacto líquido / gas / sólido. A forma da pinga xorde das tres forzas de tensión interfacial. O ángulo de contacto é unha medida cuantitativa da humectabilidade dunha superficie por un líquido. Tamén se utiliza para controlar a calidade dun tratamento de superficie e dunha limpeza de superficie. Tamén serve para observar o efecto de modificacións nas superficies, ben sexa por tratamentos ou por deposición de películas doutros materiais ou capas moleculares.


O CACTI conta cun Tensiómetro SEE SYSTEM E consistente nun sistema óptico e un software que permiten medir ángulos de contacto (estáticos e dinámicos) entre líquidos e sólidos, así como calcular a enerxía libre superficial utilizando diferentes modelos de cálculo. O equipo tamén permite determinar a contribución polar dispersiva, a contribución ácido-base das enerxías de superficie e as tensións interficiales.

 

 

Web desarrollada por Linckia