Perfilometría

 

Datos de contacto:

Carmen Serra Rodríguez - Tatiana Padín Gómez - Paula Barbazán Martín - Adriana Rodríguez Pintó

986 813 882 - Fax: 986 812 135

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Esta unidade conta cunha serie de instrumentos que nos permiten inspeccionar e estudar a topografía superficial de calquer obxecto sólido de interés. Dentro da información máis relevante que podemos extraer están os parámetros cuantitativos que definen a rugosidade, así como proporcionar información metrológica das mostras e obter imáxes 3D con precisión nanométrica.

 

A Unidade conta cos seguintes instrumentos:

 

1. Perfilómetro·3D Óptico Interferométrico:

  • O microscopio interferométrico permite a caracterización e cuantificación da rugosidade superficial, medición de alturas, dimensións críticas e outras características topográficas.
  • O equipo permite aplicar dous tipos de técnicas diferentes segundo sexan as características das mostras. A técnica VSI aplícase as mostras máis rugosas, mentres que a técnica PSI aplícase a mostras de moi baixa rugosidade, planas, puídas e cun acabado superficial tipo espello.
  • Todas as medidas son non destrutivas, rápidas e non requiren ningún tipo de preparación das mostras.

 

2. Perfilómetro 3D de agulla:

  • O perfilómetro consta dun Cabezal de medida o cal ten unha punta móbil (diamante) que se pon en contacto coa mostra. O porta-mostras motorizado desprázase lentamente de forma que a punta percorre a superficie de interese aplicando sobre ela unha forza constante.
  • O movemento vertical da punta é medido eléctricamente é convertido a un formato dixital. Calquera mostra cunha superficie razoablemente "dura" pode medirse nun rango de desprazamento vertical que no mellor dos casos alcanza unha resolución de 1 Å.
  • É posible medir espesores de capas delgadas, altura de cráteres, e calquera outra característica ou detalle topográfico de interese na superficie. Ademais de determinar e calcular os parámetros que definen a rugosidade.

 

3. Perfilómetro 3D Óptico de Variación de Foco:

  • Permite medir a rugosidade proporcionando imaxes en cor con alto contraste e profundidade de enfoque. O marco robusto e a tecnoloxía intelixente da iluminación proporcionan unha medida rápida e de alta resolución, sendo un sistema de medición particularmente atractivo debido á súa eficacia, velocidade e ampla gama de aplicacións. As medicións lógranse en cuestión de segundos, e as características, como láser coaxial para un enfoque fácil, melloran a súa usabilidade.

 

 

Web desarrollada por Linckia