Servizo de asistencia técnica e calibración SATYCEL
Datos de contacto:
Fernando González / Marcos Troncoso
986 812 239 - 647 343 149
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
|
O servizo de electrónica e calibración de equipos de laboratorio centra a súa función en tres obxetivos, a calibración, a reparación e o desenrolo de equipamento científico.
A unidade conta cunha sala aclimatada e os equipos necesarios para poder facer as calibracións de pipetas. Os informes de calibración expídense segundo a normativa ISO 8655.
Contamos cunha amplia experiencia na reparación de placas electrónicas, moi necesario no caso de falta de repostos. Tamén dispoñemos dun amplo rexistro de reparacións realizadas, fotografías e informes das mesmas. O persoal está autorizado para realizar operacións de mantemento e reparación en instalacións radiactivas.
Colaboramos no derenrolo e melloras de equipos según as necesidades do solitante.
Equipamento instrumental
- Multímetros dixitais
- Osciloscopios
- Fonte de alimentación
- Estacións de soldadura e desoldadura.
- Analizadores de semiconductores e RCL.
- Xogos de pesas clase E2.
- Verificador de estanquedad de pipetas
- Balanza de seis decimais e software para calibración de pipetas
- Tacómetro
- Datalogger de temperatura
- Datalogger de humidade e temperatura.
- Cámara termográfica.
Aplicacións
- Calibración e reparación de pipetas de volumen fixo e variable dende 1µl. a 10 ml.
- Calibración e reparación de balanzas de precisión e analíticas.
- Desarrollo de sistemas e automatización de ferramentas para uso en laboratorios.
- Reparación de equipos electrónicos, onde abarcamos unha amplia diverside de equipos, tanto no ambito científico como o tecnolóxico.
- Limpeza, reparación e axustes de lupas e microscopios.
- Reparación de equipos de baleiro.
- Verificación de espectrofotómetros.
- Control de temperatura en baños, estufas, autoclaves.
- Control de temperatura e humidade en cámaras.
Requisitos das mostras
- O solicitante declara que o equipo entregado non entraña risco para a saude e seguridade das persoas.
- No caso de que existan riscos asociados a o equipo, o solicitante debe especificar ditos riscos coa finalidade de garantizar a saúde e seguridade das persoas.