Análise superficial BET
Datos de contacto:
Carmen García Meijide - Cristina Pérez Novo 988 387 414 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
O analizador de área superficial é unha ferramenta esencial para proporcionar área de superficie e medidas de porosidade nun amplo rango de materiais.
As mostras sólidas son pretratadas aplicando unha combinación de calor, baleiro e un fluxo de gas para eliminar os contaminantes que foron adsorbidos na exposición atmosférica.
A área superficial ou Superficie específica calcúlase a partir da cantidade de gas necesaria para formar unha monocapa de moléculas adsorbidas sobre a superfice do sólido utilizando o modelo Brunauer, Emmett, e Teller (BET).
Se seguimos a aumentar a presión de gas, poden formarse multicapas de moléculas de gas e finalmente encherse determinados poros. A partir da isoterma completa de adsorción/desorción poden obterse distribucións de micro/mesoporos, volume de poros...etc.