Absorción Atómica

 

Datos de contacto:

Carmen García Meijide - Cristina Pérez Novo

988 387 414

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A espectrometría de Absorción Atómica é unha técnica de análise instrumental, que permite detectar e determinar cuantitativamente a maioría dos elementos químicos.

 

O funcionamento desta técnica analítica basease na medición da enerxía absorbida polos átomos en estado fundamental ó pasar a un estado excitado. A mostra é nebulizada e transferida a un sistema enerxético, onde se lle subministra ás moléculas a cantidade de enerxía necesaria para romper os enlaces moleculares e levar os átomos ó estado fundamental. Este sistema enerxético soe ser unha chama obtida pola combustión de aire e acetileno, aínda que para aqueles elementos refractarios, que requiren un maior aporte enerxético (Al, Si, Ti, Va, etc.), sóese empregar a chama orixinada polo óxido nitroso e acetileno. A continuación, as radiacións características emitidas pola lámpada inciden sobre aqueles átomos en estado fundamental da mesma natureza que o cátodo da lámpada, producíndose unha absorción de enerxía á lonxitude de onda da mesma. Finalmente, as radiacións que atravesan a chama son conducidas cara o sistema óptico formado polo monocromador, lentes, espellos e o detector.

 

As veces, na chama non se obteñen os niveis de detección e cuantificación necesarios nalgúns tipos de mostra. Isto pode resolverse mediante a utilización de diferentes técnicas de maior sensibilidade como:

  • Cámara de grafito: a mostra deposítase nun tubo de grafito e os seus extremos aplicáselles unha diferenza de potencial a fin de controlar a temperatura nas etapas necesarias para levar os átomos ó estado fundamental (secado, mineralización e atomización).
  • Vapor frío: técnica empregada para a análise de mercurio a niveis de concentración de ppb. Este dispositivo permite obter mercurio no seu estado fundamental mediante a redución con redutores fortes coma o cloruro estañoso ou o borohidruro sódico en medio ácido.
  • Xerador de hidruros: o emprego dunha cámara de cuarzo a temperatura elevada e o emprego de redutores coma o borohidruro sódico, permite analizar aqueles elementos capaces de formar hidruros volátiles (As, Se e Sb, entre outros).

 

Web desarrollada por Linckia