Preparación de mostras

Datos de contacto:

Carmen García Meijide - Cristina Pérez Novo

988 387 414

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O CACTI dispón en Ourense de varios equipos para a preparación de mostras requirida para a posterior análise de compostos por diversas técnicas. Entre eles:

  • SISTEMA DE DIXESTIÓN ÁCIDA ACELERADA POR MICROONDAS.

A dixestión por microondas é un dos procedementos máis habituais en preparación de mostras para a súa posterior análise por AA e ICP-MS.

A mostra xunto cos ácidos adecuados introdúcese en vasos pechados, e para dixerila aplícase enerxía de MW. Á temperatura de traballo degrádase total ou parcialmente a mostra. A disolución acuosa ácida obtida déixase arrefriar e fíltrase si fose necesario.

As grandes vantaxes desta técnica consisten na posibilidade de controlar de forma precisa certos parámetros como a temperatura, e poder dixerir a mostra en tempos moi reducidos.

 

  • EXTRACCIÓN ACELERADA CON DISOLVENTES (ASE).

Mediante este sistema podemos realizar extraccións de mostras sólidas en moi pouco tempo, empregando volumes de disolvente inferiores ós empregados nas técnicas tradicionais de extracción.
A mostra sólida colócase nun dispositivo que se sela, énchese con disolvente e quéntase a temperatura maior que o punto de ebulición do disolvente, xerando un gran aumento de presión na cela.
Durante o tempo de extracción parte do líquido vaise recollendo nun vial. Ao final da extracción, o extracto expúlsase da cela con nitróxeno e recóllese xa filtrado nun vial.

 

  • EVAPORADOR TURBOVAP

É un evaporador/concentrador de mostras, capaz de eliminar diferentes disolventes mediante nitróxeno. Permite a concentración simultánea de 24 mostras.

 

Web desarrollada por Linckia