Analise elemental

 

Datos de contacto:

Jorge Millos - Jesús Estévez - Estefanía López

986 81 22 38 - 986 81 38 85

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Unidade de Análise Elemental conta con:

  • Microanalizador CHNS: Permite a análise do contido total de carbono, hidróxeno, nitróxeno e xofre (C, H, N, S) presente nun amplo rango de mostras. O método analítico está baseado na oxidación completa e instantánea da mostra por unha combustión "flash" que converte a tódolos compostos orgánicos e inorgánicos en produtos de combustión. Os gases resultantes da combustión son reducidos e posteriormente transportados, mediante o gas portador (He), ata unha columna cromatográfica. Nesta prodúcese a separación dos diferentes gases, que finalmente pasan por un detector de condutividade térmica (T.C.D.) que dá un sinal proporcional á concentración de cada un dos compoñentes individuais da mestura. O analizador ten un rango de medida desde 100 ppm a 100% de cada un dos elementos, cun límite de detección de 10 ppm. Nuns 12 minutos pode analizarse o contido de C, N, H, e S dunha mostra.
  • Macroanálizador CN: Permite a análise do contido total de carbono e nitróxeno, así como a determinación do contido de carbono inorgánico mediante xeración de CO2 por ataque ácido.

 

Web desarrollada por Linckia