Taller de mecanizado

 

Datos de contacto:

Antonio Souto Casás - Damián Pino Rodríguez

986812241

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A Unidade do Taller de Mecanizado está pensada para poder ofrecer, tanto á Comunidade Universitaria como a outros centros de investigación e empresas externas, a posibilidade de deseñar desde pezas unitarias (elementos de conducción de fluidos, elementos de baleiro, probetas e elementos mecánicos en xeral) ata a realización de proxectos e prototipos mecánicos.

 

O Taller tamén conta como apoio cunha unidade de soldadura o que posibita a realización de estructuras metálicas como estanterías , mesas, soportes e mobiliario científico en xeral. Como persoal consta de dous Técnicos en Mecanizado que realizan o Deseño e Fabricación dos diferentes proxectos da Comunidade Universitaria coa maior brevedade posible.

 

Equipamento instrumental

  • Software de Deseño SolidWorks Professional 2017.
  • Elementos de Medición.
  • Fresadora universal LAGUN modelo FU-110. Superficie de traballo 1.100 x 250 mm. Percorrido da mesa X 750, Y 280 e Z 475 mm. Admite un peso máximo sobre a mesa de 300 Kg. Equipada de cabezal universal con baixada de cana e aparello divisor universal.
  • Fresadora punteadora Lagun modelo GVM 5-SP. Superficie de traballo 1372x280, percorrido da mesa X 800mm Y 345mm e Z 400mm. Admite un peso máximo sobre a mesa de 250Kg.
  • Torno paralelo PINACHO modelo SP/180. Distancia entre puntos 1000 mm. Altura de puntos a bancada 180 mm. Diámetro máximo admitido sobre a bancada de 360 mm.
  • Torno paralelo PINACHO modelo S-90/200. Distancia entre puntos 1150mm. Altura de puntos a bancada 200 mm. Diámetro máximo admitido sobre a bancada de 400 mm.
  • Soldadura TIG ESAB DTB 250 para materiais como aceiro, latón, cobre, bronce, aluminio e espesores dende 1mm en diante.
  • Soldadura semiautomática MIG/MAG ESAB LUC 400 para materiais como aceiro, latón, cobre, bronce, aluminio e espesores dende 4 mm en diante.
  • Trade de columna ERLO modelo CR/30. Capacidade máxima de trade 32 mm de diámetro
  • Serra alternativa SABI modelo SH260. Máxima capacidade de corte en redondo 210 mm. Máxima capacidade de corte en cadrado 205 mm.
  • Tronzadora Superbrown Modelo 350/60. Con capacidade de corte angular. Máxima capacidade de corte en redondo 115 mm. Máxima capacidade de corte en cadrado 95 mm. Máxima capacidade de corte rectangular 160x95 mm.
  • Cortadora de Plasma ESAB CUTMASTER 120. Con capacidade de corte ata 40 mm.
  • Pregadora de chapa HM modelo MB/700/S. Lonxitude de traballo de 650 mm. Máximo espesor de chapa de 1,25 mm.
  • Esmeriladora FORMIS.

Aplicacións

Deseño e Fabricación de Pezas, Prototipos e Proxectos relacionados coa investigación.

  • Elementos de conducción de fluídos.
  • Pezas de baleiro.
  • Soportes de Antenas.
  • Calorímetros.
  • Equipos para investigación mariña
  • Reactores de corrosion.
  • Inmobilizadores e trampas para Ratas

 

Deseño e construcción de estructuras metálicas soldadas a medida en Aceiro, Cobre, Latón e Aluminio.

  • Mesas de Laboratorio
  • Armarios de Almacenamento.
  • Estanterias.
  • Soldadura de pezas para o seu posterior remecanizado.

 

Reparación, Adaptación e Mantemento de equipos de laboratorio.

  • Reparación de eixes de motores.
  • Fabricación de pezas obsoletas para equipos antigos.

 

Probetas de ensaio según a Norma.

  • Resiliencia
  • Tracción
  • Fatiga...

Requisitos das mostras

Deberase croquizar unha breve descripción do traballo que se quere realizar. Polo contrario poderá ser necesaria a realización dun novo proxecto por parte do taller.


Os equipos e instrumental de laboratorio que se recepcionen por parte do taller deberán estar debidamente esterilizados coa finalidade de evitar riscos para a saúde e seguridade das persoas.

Web desarrollada por Linckia