Universidade de Vigo
Inicio > Que é o C.A.C.T.I.

Que é o C.A.C.T.I.

O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación, coñecido polo acrónimo de C.A.C.T.I., foi e é unha aposta da Universidade de Vigo pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional dende o ano 1991.

O C.A.C.T.I. ten como obxectivo a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto ós membros da Comunidade Universitaria como ós Organismos Públicos de Investigación (O.P.I.s), no ámbito nacional e internacional, e entidades privadas do noso entorno.

O C.A.C.T.I. cubre os servizos máis punteiros da investigación científica: Determinación Estructural, Proteómica e Xenómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemente Sostible e Seguridade Alimentaria (nos Campus de Vigo e Ourense), Detección Remota, Taller de Mecanizado e Taller de Electrónica e Calibración. Así, o C.A.C.T.I. nas dúas sedes de Vigo e Ourense, configúrase como un centro dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación no noso entorno xeográfico.

 

(Mª Asunción Longo, Vicerreitora de Investigación, 2010)