Universidade de Vigo
Inicio > Taller de Mecanizado

TALLER DE MECANIZADO

 

A Unidade do Taller Mecánico está deseñada para poder ofrecer, tanto á Comunidade Universitaria como a outros centros de investigación ou empresas externas, a posibilidade de realizar pezas soltas, proxectos, prototipos mecánicos e demais accesorios para equipos industriais e científicos que requiran dun elevado grao de precisión no mecanizado ata a fabricación en pequenas series de elementos de sinxelo mecanizado como elementos de vacío, probetas de ensaio, pequenas adaptacións....

O Taller conta con dous Técnicos en Mecanizado que realizan o Deseño e Fabricación dos diferentes proxectos da Comunidade Universitaria coa maior brevedade posible.