C A C T I

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación

 

Indice
UNIVERSIDADE
DE
VIGO

Principal Info Usuario Persoal Tarifas Servizos Novidades

     

 

Absorción atómica
Dotación
Aplicacións

Absorción Atómica

Datos de contacto:

Carmen García Meijide

988 387 414

meijide@uvigo.es

A espectrometría de Absorción Atómica é unha técnica de análise instrumental, que permite detectar e determinar cuantitativamente a maioría dos elementos químicos. Para analizar unha mostra calquera só é necesario pesar unha determinada cantidade, disolvela axeitadamente, aforala a un volume determinado e finalmente medila no equipo de Absorción Atómica. Polo tanto, poderán analizarse por esta técnica tódalas mostras solubles.

O funcionamento desta técnica analítica baseada na medición da enerxía absorbida polos átomos en estado fundamental ó pasar a un estado excitado. A mostra é nebulizada e transferida a un sistema enerxético, onde se lle suministra ás moléculas a cantidade de enerxía necesaria para romper os enlaces moleculares e levar os átomos ó estado fundamental. Este sistema enerxético soe ser unha chama obtida pola combustión de aire e acetileno, aínda que para aqueles elementos refractarios, que requiren un maior aporte enerxético (Al, Si, Ti, Va, etc.), sóese empregar a chama orixinada polo óxido nitroso e acetileno. As radiacións características emitidas pola lámpada inciden sobre aqueles átomos en estado fundamental da mesma natureza que o cátodo da lámpada, producíndose unha absorción de enerxía á lonxitude de onda da mesma. As radiacións que atravesan a chama son conducidas hacia o sistema óptico formado polo monocromador, lentes, espellos e o detector.

Ás veces, na chama non se obteñen os niveis de detección e cuantificación necesarios nalgúns tipos de mostra. Isto pode resolverse mediante a utilización de diferentes técnicas de maior sensibilidade como:

  • Cámara de grafito: a mostra deposítase nun tubo de grafito e ós seus extremos aplícaselles unha diferencia de potencial a fin de controlar a temperatura nas etapas necesarias para levar os átomos ó estado fundamental (secado, mineralización e atomización).

  • Vapor frío: técnica empregada para a análise de mercurio a niveis de concentración de ppb. Este dispositivo permite obter mercurio no seu estado fundamental mediante a reducción con reductores fortes coma o cloruro estañoso ou o borohidruro sódico en medio ácido.

  • Xerador de hidruros: o emprego dunha cámara de cuarzo a temperatura elevada e o emprego de reductores coma o borohidruro sódico, permite analizar aqueles elementos capaces de formar hidruros volátiles (As, Se e Sb, entre outros).

 

 


Envíe un correo electrónico a con preguntas ou comentarios sobre esta web.
Para consultas sobre unha técnica específica contacte co persoal encargado do servizo.
Última modificación: 13-07-2009