C A C T I

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación

 

Indice
UNIVERSIDADE
DE
VIGO

Principal Info Usuario Persoal Tarifas Servizos Novidades

     

 

GC-MS
Dotación
Aplicacións

Cromatografía de Gases con Detector de Espectrometría de Masas (GC-MS)

Datos de contacto:

Carmen García Meijide

988 387 414

meijide@uvigo.es

A cromatografía de gases en combinación coa detección por espectrometría de masas (GC-MS) é unha técnica que permite a separación e identificación de mesturas moi complexas.

A mostra é inxectada no cromatógrafo de gases e separada na columna cromatográfica obtendo a elución sucesiva dos compoñentes individuais da mestura. Estes compoñentes pasan, a continuación, á fonte de ionización do espectrómetro de masas onde os compostos son fragmentados polo impacto de electróns procedente dun filamento incandescente (Impacto Electrónico).

A través dun sistemas de lentes e campos magnéticos os ións formados son conducidos hacia o analizador cuadrupolar onde son separados en función da súa relación masa/carga e finalmente enviados hacia o multiplicador de electróns para ser cuantificados.

O espectrómetro de masas pode operar en dous modos de traballo: ben en modo Full Scan (barrido completo) ou ben en modo SIM (observación dun ión ou grupo de ións previamente seleccionado). A elección dun ou outro modo de traballo dependerá da sensibilidade requerida e do tipo de experimento a realizar. Esta técnica está especialmente indicada para compostos apolares de volatilidade alta, peso molecular baixo e alta estabilidade térmica.

 

 


Envíe un correo electrónico a con preguntas ou comentarios sobre esta web.
Para consultas sobre unha técnica específica contacte co persoal encargado do servizo.
Última modificación: 13-07-2009