C A C T I

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación

 

Indice
UNIVERSIDADE
DE
VIGO

Principal Info Usuario Persoal Tarifas Servizos Novidades

     

 

HPLC-MS
Dotación
Aplicacións

Cromatografía de Líquidos de Alta Resolución con Detector de Espectrometría de Masas Triple Cuadrupolo (HPLC-MS/MS)  

Datos de contacto:

Carmen García Meijide

988 387 414

meijide@uvigo.es

A cromatografía de líquidos con detector de espectrometría de masas (HPLC-MS) é unha boa solución para a análise de compostos pouco volátiles e inestables termicamente. A mostra é inxectada no cromatógrafo de líquidos e os seus compoñentes separados na columna cromatográfica obtendo a elución sucesiva dos compoñentes individuais da mestura que pasan directamente ó espectrómetro de masas para ser detectados e cuantificados. O espectrómetro de masas pode traballar en dous modos de ionización da mostra: electrospray (ESI) ou ionización química a presión atmosférica (APcI).

- ESI. Nesta técnica a mostra introducese na agulla ESI, á cal se lle aplica unha diferencia de potencial, de forma que a mostra emerxe en forma de pequenas gotas cargadas electricamente. Por evaporación do disolvente increméntase a densidade de carga eléctrica na superficie das gotas ata un punto crítico (límite de estabilidade de Rayleigh) no cal as gotas divídense en gotas máis pequenas. Os ións do analito, con diferente carga, son expulsados a fase gas e introducidos no MS a través dunha interfase de extracción de ións e enfocados a través de lentes iónicas hacia o analizador.

- APcI. O eluinte procedente do HPLC entra en forma de aerosol nunha cámara de vaporización quentada a altas temperaturas. A alta voltaxe aplicada a unha agulla próxima á saida da cámara de vaporización crea unha coroa de descarga que forma ións reactivos mediante unha serie de reaccións químicas coas moléculas do disolvente e o gas envolvente (nitróxeno). Estes ións reaccionan coas moléculas da mostra formando ións de mostra que son extraídos e enfocados a través de lentes iónicas hacia o analizador.

O equipo existente no laboratorio dispón dun triple cuadrupolo o que permite operar en varios modos de traballo: obtención de espectros normais, barrido de ión fragmento, barrido de ión precursor e barrido de fragmento neutro.

 


Envíe un correo electrónico a con preguntas ou comentarios sobre esta web.
Para consultas sobre unha técnica específica contacte co persoal encargado do servizo.
Última modificación: 13-07-2009