Microscopía Confocal e de Fluorescencia
Datos de contacto:
986 81 21 25 - 986 81 21 10
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
|
A técnica da Microscopía de Fluorescencia permite, gracias a un microscopio óptico que ten unha arquitectura específica, a detección de zonas determinadas da célula ás que se fixaron os trazadores fluorescentes que previamente engadimos ás mostras.
A Microscopía Confocal, usa tamén trazadores fluorescentes pero, a diferencia da Microscopía de Fluorescencia, só se recolle a emisión fluorescente do área enfocada, rexeitando as restantes e conseguíndose deste xeito un aumento da resolución.
Isto, unido ó feito de contar cunha luz láser incidente, capacita a este microscopio para a adquisición de centenares de sección ópticas confocais moi delgadas en diferentes planos da mostra, que poden ser almacenadas e combinadas para xerar dun xeito non destrutivo unha imaxe tridimensional. A vista da imaxe pode ser enteira ou de determinadas partes.
Pola súa parte, o feito de contar cunha cámara de incubación, permite o traballo en células vivas, coa posibilidade de recoller imaxes moi rápidas, tanto no modo Wide Field, como en modo confocal gracias o escáner de alta frecuencia.
Equipamento instrumental
Microscopio Nikon Eclipse E800
- Microscopio óptico Nikon Eclipse 800 cos seguintes obxetivos:
- 4xPL Fluor 0.13
- 10x PL APO 0.45.
- 20x PL Fluor 0.50.
- 40x PL APO 1.0 OIL.
- 60x PL APO 1.4 OIL.
- 100x PL APO VC 1.4 OIL
- Cámara CCD Nikon DS-5 Mc.
- Módulo de epifluorescencia:
- B2A. Excitación azul.
- G2A. Excitación Verde.
- V2A. Excitación Ultravioleta
- Estación de traballo Dell
- Polarizador e Analizador.
- Platina de temperatura LINKAM SCIENTIFIC Modelo PE120
Módulo Confocal Leica SP5 sobre Microscopio Óptico Invertido Leica DMI 6000
- Microscopio óptico Leica DMI 6000 invertido motorizado cos seguintes obxetivos:
- 10x PL APO 0.40.
- 20x PL APO 0.70.
- 20x PL APO 0.70 IMM.
- 40x PL APO 0.75 OIL.
- 63x PL APO 1.4 OIL.
- 63x HCX PL APO 1.20 Water.
- DIC en todos os obxetivos.
- Filtros Fluorescencia:
- I3. Excitación azul.
- N2.1. Excitación Verde.
- Excitación UV.
- Platina Galvanométrica, motorizada en X e Y.
- Platina de incubación.
- Módulo Confocal Multiespectral Leica SP5 con 3 canles de detección por fotomultiplicador, unha canle con detector híbrido e unha quinta para transmisión.
- Dotación de láser:
- Azul, Argón (458nm, 476nm, 488nm, 496nm, 514 nm).
- Verde, HeNe (543nm).
- Vermello, HeNe (633 nm).
- Violeta, Diodo Azul 405nm).
- Divisor óptico-acústico (AOBS).
- Adquisición series multidimensionais: x, y, z, t, º, λ.
- Software FRAP, FLIP, FRET, 3D, Dye Finder.
- Cámara de incubación con control de CO2 e temperatura.
- Dispensador de auga para obxetivos.
- Wide Field.
- Sistema de recollida de imaxes High Content Screening en modo confocal (software Matrix).
- Software de recollida e tratamento de imaxes Metamorph.
Aplicacións
- Marcaxe por inmunofluorescencia de proteínas de membrana, órganos subcelulares, citoesqueleto, etc.
- Estudios de fisioloxía celular
- Reconstrución de estruturas tridimensionais
- Estudio de microrrugosidades en materiais pulidos
- Análise de mostras con fluorescencia de seu.
- Estudios célula viva.
- High Content Screening
Requisitos das mostras
Poñerse en contacto cos técnicos do Servizo