Microscopía electrónica de varrido
Datos de contacto:
986 81 21 25 - 986 81 21 10
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
|
O Microscopio Electrónico de Varrido usa lentes electromagnéticas para conducir o feixe de electróns ate a mostra, varrendo a súa superficie e xerando diferentes interaccións, de cara a obter imaxes con contraste topográfico ou de composición.
No Servizo contamos con equipos de canón termoiónico e de emisión de campo, estes últimos permiten observar as mostras en condicións de baixo voltaxe sen perder resolución, incluso nalgúns casos, sen necesidade de recubrimento.
Accesorios como EDS, STEM e criotécnicas fan posible a realización de microanálise, detección de electróns transmitidos e visualización de mostras xeadas ou sensíbeis ao feixe.
As mostras cómpre que estean deshidratadas e sexan boas condutoras da electricidade, a excepción do equipo de varrido medioambiental.
Equipamento instrumental
Microscopio electrónico de varrido Philips XL 30
- Resolución en SEM: 3,5 nm.
- Detector retrodifundidos estado sólido
- Microanálise EDS.
Microscopio electrónico de varrido emisión de campo ultra alta resolución JEOL JSM-6700 f
- Ultra alta resolución en SEM: 1,0 nm.
- Detector retrodifundidos tipo YAG, alta resolución
- Detector STEM electróns transmitidos
- Microanálise EDS
- Criotransfer con criocorte
- Compensador de cargas
Microscopio electrónico de varrido medioambiental FEI Quanta 200
- Modo de traballo en Alto Baleiro (10-5 mbar.), Baixo Baleiro (SM 6010 LA
- Kilovoltaxe hasta 20 kV.
- Resolución en SEM Alto Baleiro: 4 nm.
- Resolución en SEM Baixo Baleiro: 5 nm. (BSE)
- Detector retrodifundidos estado sólido
- Microanálise EDS
- Baixo Baleiro de 10 a 100 Pa.
Aplicacións
Determinación de especies
- Controis de calidade
- Estudio de microestrutura
- Determinación de morfoloxía de materiais
- Estudio de defectos e estados de agregación
- Técnicas forenses
- Determinación de estratos en restauración
- Análise de partículas, nanopartículas e materiais nanoestruturados
- Estrutura de alimentos
- Presencia de contaminantes
- Procesos de corrosión
- Caracterización de recubrimentos e de estruturas metalúrxicas e cerámicas
- Capas pictóricas
- Microelectrónica
- Aplicacións en biomedicina: estudio de cultivos celulares, tecidos e órganos
Requisitos das mostras
Poñerse en contacto cos técnicos do Servizo