Análise elemental
Datos de contacto:
Carmen García Meijide - Cristina Pérez Novo
988 387 414
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
|
ANÁLISE ELEMENTAL
A Unidade de Análise Elemental posibilita a determinación e cuantificación do contido en C, H, N e S presente en mostras orgánicas e inorgánicas.
Esta técnica basease na oxidación completa e instantánea da mostra mediante combustión "flash". Os gases resultantes da dita combustión son transportados mediante un gas portador, helio, a través do forno de redución e a columna cromatográfica para ser finalmente detectados e cuantificados con axuda dun detector de condutividade térmica.
ANÁLISE DE CARBONO ORGÁNICO TOTAL (TOC)
A mostra inxéctase nun reactor a 800ºC, recheo cun catalizador oxidante. O auga vaporízase e o carbono (orgánico e inorgánico) oxídase a CO2. Este CO2 é transportado, con nitróxeno, e mídese nun analizador de infravermellos non dispersivo (NDIR). Con este proceso medimos o carbono total (TC), para poder obter o carbono orgánico (COT) hai que medir o carbono inorgánico (CI). O CI mídese inxectando nun reactor distinto do anterior, que contén ácido fosfórico. Nestas condicións ácidas todo o CI convértese en CO2, e é medido no analizador de infravermellos.
Equipamento
Analizador elemental Thermo Finnigan EA 1112
- Automostreador automático
- Soporte lóxico de traballo EAGER 300
- Microbalanza Mettler Toledo, AT21 Comparator
TOC: Multi N/C 2100 de Analytikjena
- Automostreador automático APG60 de Analytikjena.
Aplicacións
A análise elemental é unha técnica de gran utilidade na análise de:
- Solos, sedimentos, lodos...
- Control de calidade e determinacións do contido en C, H, N e S en sólidos e líquidos viscosos non volátiles (fariñas, leite, aceites, graxas, produtos dietéticos, carnes, etc.).
- Análise de mostras mariñas, algas, plantas, madeira, etc.
- Confirmación de identidade e pureza de calquera mostra que conteña C, N, H e S.
O analizador TOC permite a determinación do contido total de carbono en mostras acuosas (augas de bebida, vertidos de plantas de tratamento de augas municipais ou industriais, mostras complexas con baixo contido en sales, análises de augas superficiais...), así como a medida do carbono inorgánico (TIC) e o carbono orgánico non purgable (NPOC).
Requisitos das Mostras
ANALIZADOR ELEMENTAL:
- Deben presentarse debidamente identificadas acompañadas do formulario de solicitude impreso e asinado.
- Deben incluírse a fórmula e/ou a composición aproximada da mostra si son coñecidas, para elixir o patrón de referencia a empregar na análise.
- Co gallo de obter resultados significativos, repetitivos e fiables é preciso que as mostras presenten un elevado grao de homoxeneización, é dicir, han de estar ben pulverizadas para facilitar a súa pesada e combustión.
- Deben estar totalmente secas para evitar erros debidos a humidade ou ós disolventes.
ANALIZADOR TOC:
- Deben presentarse debidamente identificadas acompañadas do formulario de solicitude impreso e asinado.
- As mostras deben ter un contido en sales inferior a 1g/L.